Logo de solicitar información dentro das nosas competencias e labor de fiscalización constatamos nas actas de inspección de locais revisadas, diferentes incumprimentos detectando a existencia dun expediente con data de 17 de decembro de 2024 para iniciar un procedemento sancionador no local de Las Palmeras. Este documento, que se solicita hai sete meses, prodúcese o 18 de xullo de 2025. Tiñan 10 días de prazo para facer este traballo e tardaron 214, o que demostra unha falta de vontade política.
Curiosamente se impulsa o expediente 11 días despois de que pedísemos solucións e medidas para os problemas de convivencia na rúa Tui. Daquela Rubén Arroxo dicía textualmente que “Non pode pechar As Palmeras porque incurriríamos en un delicto de prevaricación” tamén engadía o nacionalista que “ningún cargo político pode pechar un negocio, senón que iso ten que vir dado tras un procedemento técnico no que se detecten certas cuestións” e subliñaba como no seu día “ordenei o peche teporal porque había denuncias policiais e informes técnicos que o permitían”. Os populares pregúntanse coa documentación que existe porque non toma decisiones e da solucións agora.
Seguen sen dar solucións, e negando a problemática
Os populares explican que “hai datos que certifican que hai incumprimentos graves e reiterados, máis de 30 informacións públicas en medios de comunicación neste último ano; información que figuran en actas desde marzo de 2023 ata a actualidade, denuncias veciñais … pero o goberno local, pese a todo, segue sen dar solucións e segue negando os problemas de seguridade que hai en determinadas localizacións como é a rúa Tui.
O Partido Popular explica que diante dos feitos constatados en actas poderíanse tipificar os delictos e citan a lexislación que podería amparar a revogación inmediata da licenza de actividade, deixando sen efecto calquera autorización ou declaración responsable que ampare o seu funcionamento. Refírense aos seis puntos do artigo 53 da Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, o artigo 33 e 34 da Lei de espectáculso públicos e actividades recreativas de Galicia 10/2017, a Lei 7/1985 e ao artigo 51 da Ordenanza Municipal de Contaminación Acústica.
O PP insiste en que a súa prioridade é garantir a seguridade e o benestar de todos os lucenses. Nese sentido, reclaman reforzar o persoal municipal deste servizo . A semana pasada advertían da escaseza de traballadores no servizo de augas, e agora céntranse na policía local, onde tamén consideran urxente incrementar os efectivos para asegurar un funcionamento axeitado do corpo.