Carletto y Uriel nuevos fichajes del Silva

A dirección deportiva e Carlos Rodríguez Queijas ‘Carletto’ (Arteixo, 22/01/2005) acadaron un acordo para a incorporación do futbolista procedente do Som Maresme FC, formando así parte do #SILVA2526.

O xogador, que ocupa a posición de mediocentro defensivo, inicia a súa etapa no fútbol sénior tras rematar o seu período de fútbol formativo no RC Deportivo. Nel formou parte dos principais equipos branquiazuis entre a estrutura do Dépor e o San Tirso.

Na súa última tempada no Xuvenil A acumulou 19 partidos con 633 minutos, 1 gol e unha amarela, incluíndo o debut co Deportivo Fabril. O curso anterior, tamén en División de Honra, sumou 15 partidos con 1.051 minutos, 3 goles e 4 amarelas.

Previamente formou parte do Xuvenil B, Cadete A (debutando no Xuvenil B), Cadete San Tirso, Infantil A (debutando co Cadete A) e Infantil San Tirso.

O pasado ano militou no #SILVA2425, acumulando 2.136 minutos en 32 partidos, 25 deles dende o inicio. Anotou 3 goles.

Neste curso, tiñase comprometido co Som Maresme FC, o antigo Badalona Futur ou UE Llagostera, mais este clube non conseguiu inscribirse no grupo catalán de 3ª RFEF.

Uriel

A dirección deportiva e Ivan Uriel Arena Duna (Arxentina, 09/03/2005) acadaron un acordo para a incorporación do futbolista, formando así parte do #SILVA2526.

O xogador, que ocupa a posición de defensa, recalou o pasado curso no #SILVA2425 tras unha carreira no seu país de orixe, Arxentina.

No Silva SD, foi un xogador cuns números importantes: 1.823 minutos repartidos en 22 partidos, 20 deles de inicio, e anotando dous goles.

Comparte éste artículo
No hay comentarios