Israr, novo soporte de pretempada en Burela coa intención de incorporarse ao equipo tras a Copa Asia

O pívot indonesio provinte do Cosmo JNE de Yakarta, xogará todos os partidos ata o comezo de liga reforzando o axustado plantel burelense.

Israr Megantara, Israr (Jakarta 30 Outubro, 2004) chegou a Burela o pasado venres 29 de agosto para reforzar a escasa rotación do plantel do Burela FS durante estes días de pretempada, probando o equipo para ir adaptándose coa intención de incorporarse ao conxunto mariñano tras o remate da Copa Asia.

O pívot zurdo internacional, provinte do Cosmo JNE de Yakarta, adestra de forma rutinaria co equipo burelense co que xa disputou un partido este domingo contra o Num’Álvares en Ferrol, no que demostrou moita intensidade e moi boas sensacións. Disputará tamén o próximo encontro ante o Kuwait FA este mércores en Vista Alegre e todos os encontros da pretempada, voltando a Indonesia o día 15.

Contento e con ganas, o xove xogador indonesio mostra o seu afán por vivir esta nova experiencia, «Burela é un dos mellores clubs de España, interésame porque é a primeira vez que xogo fóra de Indonesia» e síntese agusto entre a renovada plantilla de David Rial, «Estou moi contento de estar aquí. O equipo está en moi boas condicións. O adestrador, o corpo técnico e os xogadores estanme axudando a adaptarme».

Comparte éste artículo
No hay comentarios