Hoxe asistín ao pleno da moción de censura no Concello de Carral acompañada de compañeiros e compañeiras de Arteixo. Asistín como cidadá libre e como política libre. A diferenza dos membros da dirección de Alternativa dos Veciños, que permaneceron todo o pleno dirixindo insultos contra Francisco Bello e Mercedes Caridad, eu permanecin sentada na miña cadeira, mantendo as formas e respectando a democracia.
A saída do pleno, membros de Alternativa dos Veciños de Carral e de Oleiros fixeron unha pasarela ás portas do polideportivo para esperar, insultar e agredir a quenes estamos anotados na sua libreta de persoas a eliminar, onde o Sr. Rubén Caamaño -asesor de Alcaldía do xa ex-alcalde Javier Gestal- lazoume primeiro auga a cara e de seguido unha botella que me impactou na cabeza.
Por suposto, tiven que acudir ao centro de saúde de Carral -que se atopa à beira do polideportivo O Espiño, onde se celebrou o pleno da moción de censura- para ser atendida, e onde o persoal sanitario xa elaborou o pertinente parte de lesión e dar traslado da correspondente denuncia por agresión.
Ademais, a persoa agresora, o Sr. Rubén Caamaño, xa é unha persoa que ao parecer, segundo comentaban veciños asistentes ao pleno e presentes no lugar da agresión, xa se trata dunha persoa que conta no seu historial con máis antecedentes por agresión.