A campaña faráse a pé de rúa: haberá unha carpa informativa na rúa Divina Pastora, na Milagrosa o próximo mércores 17 de setembro; tamén durante toda a xornada, se percorrerán rúas e comercios do barrio para recoller apoios
Diante da ausencia de resposta e a falta de medidas do goberno local para garantir a seguridade e convivencia na zona norte de Lugo, hoxe, a voceira popular Elena Candia anunciou que o Grupo Popular vai impulsar unha recollida de sinaturas para pedir o peche definitivo e a revogación da licencia “daqueles locais onde estén probadas múltiples infraccións e problemas de convivencia derivados das mesmas”.


“Para nós, a seguridade é unha prioridade e un eixo central do noso modelo de cidade”. Elena Candia explicou que “queremos un Lugo no que veciños e comerciantes vivan con tranquilidade e confianza, porque só así poderemos atraer proxectos de vida e de emprendemento á nosa cidade”, destacou Elena Candia.