Dende o Partido Popular de Lugo expresamos a nosa condena e máis absoluto rexeitamento ás pintadas aparecidas na sede do PSOE. Trátase dun feito inaceptable que nada ten que ver cos valores de convivencia que compartimos como sociedade.
A intimidación, a coacción ou calquera mostra de violencia son incompatibles co respecto democrático. Fronte a aqueles que se expresan dese xeito, defendemos que a pluralidade política só pode expresarse desde o diálogo e a liberdade.