O “Petouquiño”, en Xaviña, (Camariñas) un perigo sen saída para vehículos

A portavoz do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo Mas, denunciou publicamente o perigo que representa o acceso á zona coñecida como «Petouquiño», na parroquia de Xaviña. A vía, sen saída e cun importante desnivel, foi escenario de varias incidencias con vehículos, incluíndo unha recente na que unha autocaravana tivo que ser rescatada.

Ante a falta de sinalización, que provoca confusión nos condutores e aumenta o risco de accidentes, Mouzo Mas instou ao goberno local a tomar medidas urxentes. O PP propón a instalación de carteis informativos e sinais de advertencia para garantir a seguridade no lugar e evitar futuras desgrazas, mostrando a súa disposición a colaborar para atopar unha solución rápida e efectiva.

Paula Mouzo Mas, portavoz do Partido Popular de Camariñas.

EXPÓN

Que tivemos constancia de varias incidencias na zona do “Petouquiño” no lugar de Santa Mariña, na parroquia de Xaviña.

As condicións da vía, ao ser unha rúa sen saída, e a existencia dun importante desnivel representan un perigo para os vehículos.

Recentemente unha autocaravana, desorientada polo GPS, quedou nunha situación moi complicada. Non é o primeiro caso polo que ante a posibilidade dunha desgraza, faise necesaria unha actuación por parte das autoridades locais. A falta de información para as persoas que chegan de fora é un serio inconvinte e un posible factor de siniestralidade.

Expresando a vontade de cooperar co goberno para buscar unha solución axeitada.

SOLICITA

Que se coloque un panel informativo/cartel que informe da perigosidade da vía e de que se trata dun acceso sen saída ou se xestione a instalación de sinais de restriccións do tráfico ou de advertencia diante dos organismos oportunos.

Que a solución non se demore no tempo

Comparte éste artículo
No hay comentarios