Os socialistas de Baleira toman a iniciativa para mellorar a TDT ante a “pasividade” do PP

O Grupo Municipal Socialista de Baleira, liderado por José Tellado, denunciou a «inacción» do goberno local do Partido Popular ante os graves problemas de cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT) que afectan a numerosos fogares. Segundo os socialistas, a pesar de ter trasladado a cuestión ao pleno en abril, non obtiveron ningunha resposta por parte do executivo municipal.

Ante a falta de actuación do PP, o PSdeG tomou a iniciativa e contactou directamente coa empresa responsable para buscar solucións. «O Concello é quen ten a competencia, pero ante a súa inacción, decidimos dar un paso adiante para arranxar o problema», explicou Tellado. O obxectivo é traballar nas melloras técnicas necesarias para garantir que a veciñanza de Baleira teña un sinal de televisión de calidade canto antes, un servizo que consideran básico.

O PSdeG comprométese a seguir buscando unha solución definitiva e insta ao goberno local a asumir as súas responsabilidades, mentres que Tellado conclúe que «mentres eles calan, nós buscamos solucións para a veciñanza».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios