CCOO asina o convenio de hostalaría de Pontevedra con melloras salariais e novos dereitos sociais

Recolle unha suba salarial do 7 % en dous anos, con cláusula de revisión vinculada ao IPC

 A Federación de Servizos de CCOO de Galicia acaba de asinar o convenio colectivo da hostalaría da provincia de Pontevedra para o período 2024-2025. O acordo supón un avance histórico para o sector, ao introducir melloras salariais, novos dereitos sociais e unha maior estabilidade para o persoal fixo descontinuo. Como aspectos máis destacados, recolle unha suba salarial do 7 % repartida en dous anos, con cláusula de revisión vinculada ao IPC.

Ademais, o novo convenio incorpora permisos retribuídos para o acompañamento médico de fillos e fillas menores, así como un novo marco de recoñecemento profesional para camareiras de piso, axudantes e auxiliares, que se aplicará a partir do ano 2027. Outro dos logros salientables é a regulación específica que garante unha maior previsibilidade e ingresos mínimos para o persoal fixo-descontinuo, reducindo a estacionalidade e reforzando a estabilidade no emprego.

Desde a Federación de Servizos de CCOO destácase que o asinamento do novo convenio é «un paso decisivo» cara a unha hostalaría «máis digna, sostible e respectuosa cos dereitos laborais».

Comparte éste artículo
No hay comentarios