O PP, na Milagrosa apoiando á veciñanza na súa reivindicación por un barrio seguro

A voceira popular, Elena Candia, explicou que “a veciñanza leva moito tempo pedindo solucións sen atopar resposta e cada sinatura que hoxe recollamos é unha voz que se suma a esta demanda colectiva”. “imos estar todo o día acompañando á veciñanza, recollendo apoios, sobre todo, escoitando as súas demandas”. Candia destacou tamén que “hoxe os veciños están a falar claro e nós queremos ser a súa voz no Concello”.

A campaña desenvolverase durante toda a xornada a pé de rúa, cunha carpa informativa situada na Praza da Milagrosa, tanto os  concelleiros do Grupo Municipal como colaboradores do distrito percorrerán rúas e comercios do barrio para facilitar que todos os veciños poidan sumarse á iniciativa.

O obxectivo é claro: reclamar medidas que garantan a seguridade, a conciliación e o peche definitivo e a revogación das licenzas daqueles locais con múltiples infraccións acreditadas que están a xerar problemas de convivencia.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios