Noia súmase á loita contra o cancro cunha nova edición da súa marcha solidaria

Este sábado, 20 de setembro, a vila de Noia volverá amosar a súa solidariedade coa tradicional andaina “Noia en marcha contra o cancro”, organizada pola Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro no municipio, A cita xa consolidada no calendario local que ten como obxectivo a recadación de fondos para impulsar ainvestigación contra o cancro e continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos para pacientes e familias da entidade.

A marcha dará comezo ás 17:00 horas dende a Alameda, cun percorrido de 3 quilómetros que transcorrerá polo Casco Histórico, o Paseo Marítimo e de volta á Alameda, converténdose así nunha oportunidade para combinar deporte, convivencia e solidariedade.

A participación ten un custo de 8 euros para adultos e 5 euros para nenos e nenas ata 12 anos. As inscricións pódense facer nos establecementos colaboradores os días previos, ou o mesmo día do evento, nas carpas da Asociación na Alameda, de 11.00 a 16:30 horas, onde se poderán recoller tamén os dorsais e camisetas. 

Na presentación do evento estiveron presentes representantes da Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro, organizadora do evento; a concelleira de Deportes, Sandra González;e a entidade colaboradora no evento, Noia Histórica.

Sara Lojo, presidenta da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro declarou “estamos seguros de que un ano máis contaremos con todo o apoio dos veciños e veciñas de Noia, para tinguir de verde esperanza as nosas rúas. Todos os fondos recadados nesta iniciativavan destinados a impulsar a investigación e aumentar a supervivencia para superar o 70%”

concelleira de Deportes, Sandra González, destacou “o traballo das voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro que fan posible esta marcha” e fixo un chamamento á cidadanía “para participar nunha iniciativa que combina saúde, unión e compromiso social fronte a unha enfermidade que nos afecta a todas e todos”.

Con esta andaina, Noia reafirma o seu compromiso cunha causa que precisa do esforzo colectivo, convertendo cada paso nun xesto de esperanza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios