A Plataforma Lugo por Palestina denuncia os vínculos do Caudal Fest cun fondo de investimento proisraelí

A Plataforma Lugo por Palestina estivo presente durante o Caudal Fest para informar aos asistentes sobre a conexión do festival cun fondo de investimento proisraelí. O colectivo denuncia que o evento, xunto con outros festivais como o Resurrection Fest, o Morriña Fest e o Son do Camiño, pertence en última instancia a KKR, un fondo de investimento con intereses na economía sionista.

Ademais da mesa informativa, a plataforma realizou unha concentración ás portas do festival para denunciar publicamente esta situación. Durante a protesta, esixiron á organización que cumpra cos catro mínimos éticos establecidos pola coalición palestina BDS (Boicot, Desinvestimento e Sancións) e que se desvincule das súas raíces económicas sionistas.

A Plataforma Lugo por Palestina ten previsto continuar coas súas accións de denuncia. Mañá, sábado 20 de setembro, repetirá a xornada coa instalación dunha mesa informativa na entrada do festival, en horario de 17:00 a 21:00 horas, seguida dunha nova concentración de protesta.

Comparte éste artículo
No hay comentarios