O Encontro Galeusca comeza este venres en Compostela

Encontro Galeusca de 2025 reúne representantes da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), que representan case 2800 autoras e autores no conxunto das tres entidades.

Neste espazo de diálogo póñense en común perspectivas sobre a creación escrita nos nosos tres sistemas literarios recuperando e ampliando, deste xeito, os vínculos e as reflexións conxuntas levadas a cabo en anteriores encontros, centrándose, neste caso, en temas de actualidade como o impacto da Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas ou a literatura de tradición oral.

Nesta ligazón pode consultarse máis información sobre as edicións anteriores: https://www.aelg.gal/actividades/federacion-galeusca

Aquí poderase acceder á información sobre esta edición de 2025.

ENCONTRO GALEUSCA 2025

Programa previsto 

Venres 19 de setembro de 2025

Pola tarde. Chegada das persoas participantes a Santiago de Compostela.

– 19:15 h. Recepción na Alcaldía de Santiago, con Goretti Sanmartín.

– 20:30 h. Roteiro por Compostela coa presenza das delegacións convidadas. Guiado por Daniel Asorey.

Sábado 20 de setembro de 2025
Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela). Pola mañá.

– 11:05 h. Apertura por representantes das tres asociacións.

– 11:20 h. Relatorio inaugural sobre a traxectoria de Galeusca a cargo de Goizalde Landabaso (da EIE), acompañada por Sebastià Portell (da AELC) e Cesáreo Sánchez Iglesias (da AELG).

– 11:40 h. Acto aberto de reflexión sobre Galeusca con representantes das tres entidades, moderado por Marta Dacosta.

– 12:45 h. Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas, con Rubén Cela, Ania González Castiñeira e Sebastià Portell.

Museo do Pobo Galego. Pola tarde.

– De 16:30 a 17:30 h. Mesa redonda sobre literatura de tradición oral, coordinada por Antonio Reigosa. Coa participación de Oihana Arana e Amaia Elizagoien, Joan Borja, Alba María e Rita Sineiro.

– De 17:30 a 17:50 h. Lectura pública das conclusións do Galeusca 2025, por parte das tres presidencias.

Igrexa de San Domingos de Bonaval, xunto ao Panteón de Galegos Ilustres.

– 18:00 h. Lectura da Declaración de Compostela-Bonaval.

– De 18:30 a 20:00 h. Acto de clausura coordinado por Lois Pérez, con improvisación entre regueifeiras (Alba María e Lupe Blanco), bertsolariak (Oihana Arana e Amaia Elizagoien) e glosadors (Miquel Àngel Adrover e Berta Llos). Peche musical con Ugia Pedreira.

Comparte éste artículo
No hay comentarios