| O proxecto XoGal, impulsado polos GDR Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda, Terra Chá e Seitura 22 en colaboración coa empresa galega Skeirrum, terá a súa terceira cita o vindeiro 27 de setembro, ás 11:00 horas, no Concello de Ribadeo. A experiencia, titulada “Ribadeo Ilustrado”, propón aos participantes adentrarse nas rúas dunha das vilas máis emblemáticas de Galicia para descubrir toda a beleza da súa arte e historia : “Atrévete a reconstruír a historia oculta dunha vila ilustrada. Entre pazos, cargadoiros e esculturas mariñeiras agóchanse as pistas dun pasado brillante que conecta o mar coas ideas. Unha aventura elegante e mariñeira que pon a proba a túa capacidade de observar, deducir… e recordar..” Os participantes deberán resolver acertixos, preguntas e probar para completar o percorrido e clasificarse entre os mellores do proxecto, optando así a diversos premios. A inscrición xa está aberta, de forma gratuíta, a través da ligazón: https://skeirrumtienda.com/xogal/. Para participar só é necesario dispor dun teléfono móbil con batería cargada, conexión a internet e calzado cómodo. Con esta proposta, XoGal convida a redescubrir Ribadeo e o seu patrimonio cunha fórmula innovadora que une xogo, historia e cultura. XoGal é un proxecto que busca dinamizar o rural galego mediante a promoción cultural e turística baseada na gamificación, e contempla un total de 10 citas entre agosto e outubro de 2025, en dez concellos diferentes: Navia, Pedrafita do Cebreiro, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Abadín-Gontán, Vilalba, Pontedeume, Ortigueira e Neda. Imaxe da jornada Xogal, celebrada a pasada fin de semana en Mondoñedo. |
Co proxecto Xogal, Ribadeo transformarase nun gran taboleiro de xogo o 27 de setembro
No hay comentarios
No hay comentarios