Comeza a construcción dun novo aparcadoiro público na Rúa Rof Carballo de Lugo

Rubén Arroxo: «Aproveitamos un espazo municipal que se estaba utilizando xa como espacio para aparcar, creando un novo espazo mellor integrado coa contorna«.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou o inicio dos traballos de construcción dun novo espazo público de aparcamento que se está a realizar na rúa Rof Carballo. «Estamos a aproveitar un terreo municipal que xa se estaba a usar como estacionamento, creando un espazo que permita este uso na parcela e a súa integración coa contorna», explicou Rubén Arroxo.

Dentro da parcela obxecto desta actuación, proxéctase a execución dun pavimento de formigón pulido en a zona de acceso e manobra, mentres que para as zonas de estacionamento está previsto executar un pavimento de herba armada de 10 cm de grosor sobre 25 cm de grava, delimitado polas zonas verdes mediante un bordillo de formigón de dobre capa. Para manter unha disposición regular, a fachada da parcela que dá á rúa San Xillao estará axardinada, e plantaranse enebroros e breixos. O límite lateral entre a franxa axardinada e a beirarrúa existente executarase coa colocación dun bordillo.

A intervención foi adxudicada á empresa Ogalia por un importe de 43.076 euros cun prazo de execución de 2 meses. Rubén Arroxo destacou que «ampliamos a capacidade de estacionamento do barrio de Fontiñas, mellorando a vida das veciñas e veciños desta zona», e engadiu «seguimos traballando para que todos os barrios conten con intervencións que melloren o espazo público».

Comparte éste artículo
No hay comentarios