Caye Mariño, Iago Mouriño, Ricardo Formoso, Miguel Cabana e Simón García serán os artistas que suban ao esceario.
Elas Son Artistas homenaxeará a unha das tres grandes divas do Jazz norteamericano. Sarah Vaughan, xunto a Ella Fitgerald e Billie Holiday, é unha das voces claves do jazz clásico. Este mércores 24 no Jazz Filloa a voz da artista Caye Mariño recreará as súas cancións rodeada de catro grandes músicos locais: Iago Mouriño ao piano, Miguel Cabana á batería, Simón García no contrabaixo e Ricardo Formoso nos ventos.
Como é habitual no local da rúa Cega, haberá dous pases. O primeiro ás 21:30 e o segundo ás 23:00. O custe da entrada será 12 euros e é recomendable reservar enviando un email a jazzfilloa@jazzfilloa.com.
A seguinte cita do ciclo será no Garufa Club, outro dos clásicos da cidade, recibindo ás asturianas Pauline en la Playa o vernres 3 de outubro. As entradas poden mercarse en Entradium.com
Vídeo de Sarah Vaughan: