O día do Festivalo comezará o sábado 27 as 13h. cunha “Sesión Vermú” a cargo de Orquestra Ce Pantasma que estará patrocinada por “Deleite” que agasallará con leite para os pequenos e por “Vermú La Fabulosa” que aportará a súas bebidas para os mais maiores.
Pola tarde, a partires das 17h. A “Foliada do Montiño” fará un pasarrúas pola aldea de Manselle para seguidamente actuar as “Cantareiras do Montiño”, as “Regueifeiras de Dodro”, “Xairo D´herbón”, “Maruxa e Coralia” e no escenario principal farán o seu concerto “Five Star Service” de Lestrobe “a próxima banda máis famosa do panorama nasional”, como eles mesmos se presentan e o cabeza de cartel “Vimbio” a nova cara da escena metal galega.
Durante a duración do Festivalo o “Grupo Galeoska” fará unha acción artística consistente na realización de actividade de pintura.
Unha food track encargarase do subministro de comida para os participantes.
Tamén haberá animación para os nenos a cargo dunha monitora que os terá entretidos durante a duración do festival.
Rematará o Festivalo 25 coa sesión dillei de “Maruxa e Coralia” a
sensación do momento en todos os festivais do país.