Sebastián Acerbi será o novo adestrador dos equipos absolutos do Club de Regatas Salgado-Perillo

Club de Regatas Salgado-Perillo anuncia a incorporación de Sebastián Acerbi como novo adestrador responsable dos equipos senior feminino e masculino, ademais de participar activamente na formación das categorías de base do club.

A chegada de Acerbi supón un importante reforzo para o equipo técnico da entidade, achegando coñecemento, experiencia e profesionalidade a un proxecto deportivo que busca seguir consolidándose e medrando tanto no ámbito competitivo como no formativo.

Traxectoria

Natural de Puebla, onde se formou como remeiro, leva 20 anos competindo sen interrupción en clubs galegos, cántabros e vascos. Conta cunha ampla experiencia na máxima categoría do remo, con 8 tempadas na ACT, a liga de elite.

No seu palmarés destacan:

  •  Campión da Liga Galega en 2014 co Club de Remo Meira.
  • En Pedreña, gañador da liga ARC1 en 2020 e 2021.
  •  En Bermeo, conseguiu o 1º posto da Liga Eusko Label en 2018 e un 5º posto en 2019.
  •  Nas tres últimas tempadas con Zierbena, logrou o 2º posto da liga (2023, 2024 e 2025) e un total de 10 bandeiras.
Comparte éste artículo
No hay comentarios