O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou onte na presentación do novo grupo editorial de El Ideal Gallego, onde encomiou a longa traxectoria do histórico medio coruñés e a súa capacidade de adaptación.
Rueda subliñou que El Ideal Gallego leva máis dun século sendo un referente informativo en Galicia, mantendo a súa esencia de servizo á sociedade baseada no rigor e na promoción dunha opinión pública plural e libre. O xefe do Executivo galego definiu esta nova etapa editorial como unha «aposta polo xornalismo de calidade e pola Galicia do futuro«.
Lembrando a Andrés Rios
O presidente non só destacou o labor dos profesionais que manteñen vivo o xornal e as súas publicacións irmás, senón que tamén tivo palabras de recordo para o xornalista Andrés Ríos, falecido o pasado 12 de setembro, a quen definiu como un profesional «comprometido coa profesión» que deixou unha fonda pegada no med
Defesa do papel e contra a polarización
Rueda defendeu a importancia de manter o papel impreso, malia o auxe dos soportes dixitais, destacando o seu «gran valor social e cultural». Así mesmo, sinalou a intelixencia artificial como unha ferramenta útil, pero insistiu en que «ningún algoritmo pode substituír a experiencia, o criterio e a sensibilidade do xornalista».
Nun contexto global marcado pola polarización e os discursos enfrontados, o presidente apelou á necesidade dun xornalismo responsable, capaz de tender pontes e dar voz á pluralidade, actuando como «contrapeso fronte ao ruído e á confrontación».
Para rematar, felicitou ao director, Rubén Ventureira, e ao seu equipo, animándoos a seguir combinando a tradición e a innovación. Subliñou que os medios son «espazos de creación, cohesión e memoria colectiva«, e parte fundamental da identidade dun país.