Dobre enfrontramento cadete e júnior contra Básquet Coruña.
A temporada 25/26 segue sumando estreas. Se hai dúas semanas eran os equipo júnior quen o facían e a semana pasada era a quenda dos cadetes, nesta ocasión son os conxuntos infantís quen fan o seu debut en competición. Así, se o infantil feminino de Warnier Informática abre o sábado de baloncesto no pavillón José María Valeiro Iglesias “Tocayo”, ás 10 da mañá fronte a Maristas, os seus compañeiros de Cyrdega visitan a pista do Cambre o domingo ás 12h.
A xornada complétaa un dobre enfrontamento contra Básquet Coruña (sábado ás 12h os cadetes de J. Caamaño Arquitecto e domingo ás 10h o equipo júnior) e a estrea do Grelo cadete tras a suspensión do seu partido da semana pasada: sábado 12h no Sofía Toro de Cambre contra o equipo local.
O júnior feminino de Infor-B e as cadetes de Decornaveira descansan.
O primeiro equipo remata a súa participación na Copa Galicia
Pola súa parte, e á espera do inicio da liga de Tercera FEB (antiga liga EBA) a semana vindeira, o Ineltrón Santo Domingo rematou o seu percorrido na Copa Galicia cunha traballada vitoria por 82-72 fronte a Estudiantes de Lugo a noite do mércores. A súa participación, saldada con dous partidos gañados (Obradoiro, Estudiantes) e dous perdidos (Xiria, Culleredo) serviu para engraxar a maquinaria dun equipo amplamente anovado tanto na dirección como na plantilla que espera facer un bo papel esta temporada, encadrado, máis unha vez, no Grupo AB da Conferencia A, xunto con equipos galegos, asturianos e de Castela e León.