Primeiro programa do outono con cousas que comezan a verse nas competicións.
Tamén se deixou ver Vera, a central deportivista que volveu da lesión diante do R. Madrid e falou do que debe facer p equipo traducido a sensacións: “Recibir poucos goles vai a facer que darnos puntos en moitos partidos. Quero desfrutar e iso significa competir”.
Falamos da Segunda Federación e con Vicky Vázquez, polo comezo estelar do seu equipo, o Celta, e do partido contra o Athletic B, no que é o partido da xornada no grupo: “En defensa temos que estar moi sólidas porque o Athletic B ten xogadoras moi dinámicas, novas e de nivel (…) Tomamos o partido con moitísima preparación e gañas de seguir sumando de tres en tres”.
Arturo Fernández, de xeito inesperado, acaba de entrar no fútbol feminino para dirixir ao Domaio. Cóntanos como é o club moañés, que vai a contra o reloxo, intentando apurar as pezas para competir como esperan: “Cun equipo novo e humilde a permanencia é o obxectivo, Penso que temos vimbios para ir crecendo cada día (…) Creo que de aquí a dúas ou tres semanas teremos todo definido”.
Para fechar, Pedro García, técnico do Sárdoma, fainos a quiniela dos partidos da fin de semana.
PUBLICIDADE