Tres de cinco para a canteira do Santo Domingo Betanzos.
Rematou a xornada do 27-28 de setembro para a canteira do Santo Domingo Betanzos e os resultados deixan unha marca de tres vitorias e dúas derrotas para o club da capital das Mariñas. Nunha fin de semana na que os equipos cadetes masculino puxeron en evidencia a extrema desigualdade da Segunda División masculina e o seu formato de competición malia levantar o pé do acelerador tras os primeiros lances dos partidos (os J. Caamaño Arquitecto venceron por 114-8 ao Básquet Coruña 2011 e os Grelo ao Cambre B por 30-118) a estrea dos equipos infantís trouxo unha de cal e outra de area. Respondendo ás expectativas, as infas de Warnier Informática deron boa conta de Maristas Coruña por 71-54, nun encontro que chegaba cun 31- 33 para as visitantes no descanso, mentres que o conxunto masculino de Cyrdega sucumbía en Cambre a mañá do domingo fronte ao Mantenao por 81-49, resultado se cadra excesivo para o que se viu na cancha do concello veciño.
A segunda derrota da xornada sumouna o equipo júnior masculino. Os de Doc, que lograron apertar o partido por momentos, acabaron porén perdendo contra Basquet Coruña 2007 por 63- 81no encontro co que finalizaban as citas da canteira nesta fin de semana.
A vindeira xornada volve ser atípica. Descansan os equipos júnior, os cadetes e o infantil feminino, aínda que para consolo dos seareiros, arranca á fin a Tercera FEB (antiga liga EBA) para o primeiro equipo do club.
A cita, o domingo 5 ao mediodía na pista do Solgaleo Bosco Salesianos de Ourense.
A temporada 25/26, xa se pode dicir, xa está en marcha!