O PSdeG reclama máis profesorado de Educación Especial para o CEIP de Carral tras a denuncia da ANPA

O PSdeG-PSOE presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas para esixir máis profesorado e persoal de apoio para o alumnado con necesidades especiais no CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral.

As deputadas Silvia Longueira (Parlamento de Galicia) e Obdulia Taboadela (Congreso) reuníronse en Carral coa ANPA do centro para coñecer as súas reivindicacións e a grave situación.

A parlamentaria socialista Silvia Longueira lamentou que as carencias chegasen ao extremo de que a un alumno cun grao 3 de dependencia se lle denegase un coidador na aula.

«A situación é moi complexa, xa que o colexio conta con 60 alumnos e alumnas que precisan apoios e coidados dentro da liña do ensino inclusivo, pero só 30 deses 60 alumnos foron valorados», engadiu Longueira.

O grupo socialista levará ao Parlamento a situación para preguntar á Consellería de Educación como pensa resolver esta problemática. A deputada tamén sinala que esta falta de persoal non é un caso illado, xa que moitos centros das comarcas coruñesas non contan este ano co persoal de apoio nin co profesorado específico que tiñan o ano anterior.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios