A Deputación de Lugo pon en valor no Courel o ecoturismo como motor de desenvolvemento sostible na provincia

Pilar García Porto destacou que a Deputación  apoia este foro “porque temos claro que o turismo é unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento económico e  cultural da provincia, e que contribúe a fixar poboación no rural.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este xoves no acto de inauguración das xornadas técnicas Ecoturismo en Ancares-Courel: experiencias e reflexións para o desenvolvemento ruralque se celebrarán desde hoxe e ata o domingo 4 de outubro na Estación Científica do Courel. Un encontro que reúne, desde hoxe e ata o domingo 4 de outubro, a preto dunha vintena de expertos, administracións e entidades locais para avanzar nun modelo turístico sostible que poña en valor a riqueza natural e cultural da provincia.

Pilar García Porto puxo en valor este foro que apoiamos dende a Deputación porque “temos claro que o turismo é unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da nosa provincia”. Engadiu ademais a Deputada que “non se trata de atraer só visitantes, senón de facelo dunha maneira respectuosa co medio ambiente, que xere oportunidades económicas, que contribúa a fixar poboación no rural e que poña en valor o noso patrimonio natural e cultural”.

As xornadas, que se celebran nun dos enclaves de maior biodiversidade de Galicia, teñen como obxectivo compartir coñecemento científico, impulsar unha xestión sostible do monte e promover iniciativas turísticas que dean resposta aos retos do rural. “Sodes o mellor exemplo de como o turismo pode ser motor de desenvolvemento e de orgullo polo noso territorio”, declarou García Porto, quen destacou o papel das asociacións, empresas e persoas emprendedoras que están a transformar os recursos naturais en experiencias turísticas auténticas.

Proxecto CAPRIF-CC

As Xornadas Técnicas Ecoturismo en Ancares-Courel: experiencias e reflexións para o desenvolvemento rural forma parte do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC), impulsado pola Fundación Juana de Vegaa Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.

Comparte éste artículo
No hay comentarios