Ana Miranda denuncia na Eurocámara a ocultación dos datos dos lumes por parte do goberno galego e a mala xestión dos fondos europeos

EP Plenary session - State of play of implementation of the European Media Freedom Act in Member States

A eurodeputada do BNG insta á Comisión Europea a facer un control exhaustivo dos fondos que garantan o seu uso correcto.

Na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda vén de denunciar a ocultación dos datos dos incendios que tiveron lugar en Galiza este verán por parte do goberno galego do PP, xa que mentres a Xunta só recoñeceu 90.000 hectáreas queimadas, o Copernicus (o Sistema de Información de Incendios Forestais da Comisión Europea), cifrou a superficie total queimada en 158.000 hectáreas.

“158.000 hectáreas arderon este verán no meu país, Galiza, un país atlánticoonde nin a chuvia nin a ineficacia do Goberno galego puido cos incendios”, manifestou a eurodeputada galega no debate da Comisión de Agricultura sobre oimpacto dos incendios forestais de 2025 na agricultura da Unión Europea, no que salientou que a cidadanía galega só coñeceu os datos reais a través de Copernicus, tal e como xa denunciou no pleno da Eurocámara do pasado mes de setembro.

Neste sentido, Ana Miranda fixo referencia á información publicada hoxe polo diario galego Praza Pública, que denuncia que entre o 1 e o 18 de agosto a Xunta de Galiza ocultou un total de 447 incendios dos 492 lumes totais que se produciron, xa que só informou de 45. Segundo salientou “os datos son moi importantes para saber a superficie queimada” e tamén para saber as consecuencias dos lumes: colleitas queimadas, casas ardidas, colmeas, fincas, viñas, árbores…

Medios insuficientes

“Unha verdadeira desgraza, una verdadeira frustración por non ter os medios suficientes”, manifestou en relación a resposta enviada pola Comisión Europea a unha pregunta remitida sobre a deficiente execución dos fondos destinados a prevención.

Ao respecto sinalou que o FEADER, segundo a resposta remitida pola Comisión Europea “si chegou para a prevención de incendios, pero non foi ben utilizado”, denunciou, polo que a eurodeputada do BNG instou á Comisión Europea a controlar e supervisar os fondos, tal e como xa sinalou o Tribunal de Contaseuropeo. Así, este Tribunal criticou a mala xestión dos fondos europeos en Galiza para a prevención de incendios, ao deixar fondos sen gastar e non planificar axeitadamente a prevención pese a contar con recursos da UE.



Comparte éste artículo
No hay comentarios