Betanzos prepárase para unha nova edición da Semana da Tortilla

Betanzos prepárase para unha nova edición da Semana da Tortilla. Será do XV edición desta festa gastronómica que se desenvolverá en 14 locais de hostalería entre o 10 e o 19 de outubro. Serán:  A Cova do Frade; Adega Lastras;  Burger City Café de Segundo;  El Arrozal; Cervexería Yocri; Café Bar Capricho; Mesón Avenida;  El Plaza; Restaurante Casanova; Bar Galicia; Bar Kutako; Vinoteca Versalles; O Noso Recuncho y La Travesía Vinos.

Os locais que participan terán un cartel identificativo. Como novedade, o Concello tamén terá unha aplicación móvil  “GastroBetanzos” que estará dispoñible para Android e iOS para que a clientela dos locais inscritos na XV edición da Semana da Tortilla de Betanzos poidan participar de xeito activo neste evento.

Ao descargares GastroBetanzos no  teléfono poderase, ademáis de obter información da Semana, participar en sorteos e votar pola  tortilla preferida. Para elo, os interesados deberán escanear o código QR asignado de xeito exclusivo a cada un dos locais para que quede constancia de que se probou a súa tortilla. Ao realizar  o escaneo en cinco dos establecementos participantes entrarase no sorteo de cinco experiencias gastronómicas para dúas persoas nun dos «Restaurantes da Biosfera», certificados no ano 2019 na Marca de Calidade coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e de cinco lotes de productos de “merchandising” de Coca-Cola.

Ademais, os usuarios da APP cando completen o escaneo dos cinco códigos QR poderán votar pola tortilla que lles pareza mellor, e así colaborar na elección do establecemento gañador da XV Semana da Tortilla de Betanzos na categoría de Premio Popular. Tamén se poderá facelo sellando o díptico informativo en cinco dos 14 locais participantes para entrar no sorteo

O prezo da tapa será de 2,5 euros, e o da tortilla enteira de 20 euros. A tortilla servirase entre as 12:30 h e as 15:00 h pola mañá e entre as 20:00 e as 22:00 h pola tarde, excepto os venres e os sábados, nos que o horario será de 20:00 a 23:00 h pola tarde, aínda que un gran número de establecementos ampliarán este horario.

            Concurso Mellor Tortilla Caseira

Por outra banda, dentro da Semana da Tortilla tamén se abre a incripción para participar no concuirso de mellor tortilla caseira. Neste caso, os interesados poden apuntarse do 7 ao 15 deste mes na Oficina de Turismo ou no correo eventos@betanzos.gal

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios