Derbi ao sol: Camariñas 2-Fisterra 1. Por @DulceCorcu

Unha tarde inimaxinable no outubro galego, cun sol radiante nun campo no que se dilucidaba un dos derbis costeiros da Primeira Futgal. Ateigado o «Vicente Carril» camariñán para recibir aos seus, que pese a vir de ascender esta mesma tempada, van quintos agora mesmo na clasificación.

Recibían a un Fisterra moito máis consolidado na categoría, que chegaba con baixas e un equipo moi xove que a duras penas contiña o envite local, que saía moi decidido a polo primeiro triunfo no seu feudo. E non corrían nin dez minutos cando unha xogada de Mario, imparable e gran protagonista do partido, acaba no gol de Adam, que propicia o rexeite do porteiro visitante a disparo de Djibril. Non deixaron de ter ocasións os de Juan Cabrejo, pero o marcador non se movería antes do segundo tempo, cando Mario arrinca só desde o mediocampo deixando atrás a varios rivais e sorteando a Joselu baixo paus para facer o 2-0. Espoleado o Fisterra e desposto a queimar as naves, tirou cara arriba e despois dun saque de banda Dani aproveita un balón solto para recurtar distancias. Media hora por diante na que o Camariñas buscou a tranquilidade por medio de Djibril, Javi ou Adam, pero sen atopala. E o Fisterra tamén despuxo por medio de Isaac dun man a man que salvaría Jorge na porteria local. Vitoria azul nun gran ambiente e un inicio de tempada que ten ao Camariñas e a toda súa afección vivindo ilusionantes tardes. 

Goles: Adam Busalham, 1-0, minuto 9. Mario Suárez, 2-0, minuto 54. Daniel Martínez 2-1, minuto 59

Foto. Sefy

Comparte éste artículo
No hay comentarios