O programa 500 da historia da emisora titúlase Tinta y voz e está realizado pola Asociación AtlanTics* O 501 tamén comezou esta semana e titúlase Desde un metro más abajo, con total protagonismo de nenas e nenos.
A Radio Comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4 acaba de dar por comezada oficialmente a súa trixésima tempada en antena. Non será unha máis, xa que dende finais deste 2025 comezarán a festexar como merece cumplir 30 anos en antena cheos de dificultades e momentos emocionantes tamén. Xa houbo vodas, moitos nacementos, defuncións… E sempre coa amizade e a paixón por facer radio como nexo común ás máis de mil cincocentas persoas que teñen feito radio dende o Campus da Zapateira.
O 25 aniversario quedou totalmente asulagado pola pandemia que paralizou o planeta. E no 2026 agardan desquitarse. E para iso o Colectivo de Universitarios Activos, a asociación propietaria da radio, pensa organizar múltiples actos nos que se impliquen persoas de todas as etapas da radio e tamén toda a cidadanía coruñesa que a sinte como propia. Se es de A Coruña, é case imposible que non coñezas a alguén que nalgún momento da súa vida fixese programa en CUAC FM.
Ainda que moitas das actividades previstas non se poden contar ainda, si que xa está en marcha a convocatoria dunha gran Cea baile o sábado 21 de marzo no Hotel Meliá María Pita. Se fixeches programa en CUAC FM e queres asistir, envía un correo a comunicacion@cuacfm.org.Ese mesmo día, ás 13:04 xogando cos números do dial, convocan dende xa a toda a cidadanía coruñesa a unha foto colectiva na Praza de María Pita. Dende CUAC non esquecen o masivo apoio da veciñanza e a nivel institucional (Concello da Coruña, Concello de Oleiros, Deputación da Coruña, Universidade da Coruña…) recibido cando a Xunta de Galicia inicio un procedemento sancionador cunha multa entre 100.000 e 200.000 euros por emitir sen licenza. Unha licenza que levaban solicitando dende antes de comezar as súas emisións en 1996. E unha ameaza de sanción que chegou cando a Lei xa recoñecía o seu dereito a ter esa licenza para exercer un dereito fundamental, recolldido na Constitución Española. Aquel expediente, que obligou a abandoar temporalmente o 103.4 do dial finalizou cunha histórica victoria no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ratificada polo Tribunal Supremo tras o recurso da Xunta ante a última instancia que lle quedaba. Por tanto, anotemos nas axendas: 21 de marzo, 13:04 foto en María Pita.
Son xa 501 programas diferentes os que pasaron pola súa antena. Os dous últimos en chegar, Tinta y Voz, realizado pola Asociación Educativa AtlanTics, que é exactamente o que fai o número 500. E un día despois comezaba un programa con nenas e nenos como protagonistas absolutos baixo o nome de Desde un metro más abajo.
Coa chegada do mes de outubro regresan xa todos os programas habituais na programación como El Desinformativo ou Alegría, que levan 23 tempadas consecutivas en antena, ou Recendo, realizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e A Fume de Carozo, con alumnado de diversos centros escolares da provincia, ainda que coordinado dende o Colexio Calasanz. No mes de setembro xa regresaran outros veteranos como Café con Gotas ou Escape Motor, que é un dos referentes en todo o realizado cos rallies e outras competicións de duas e catro rodas. Tamén cabe destacar o esforzo que se realiza dende FEGAUS, a Federación Galega de Universidades Senior de toda Galicia co seu programa Radio 50ypico ou Radio Ceus, que suma a alumnado doutros puntos de España. A música sempre está presente nunha radio e máis en CUAC FM que leva 27 edicións do seu Concurso de bandas e solistas e agarda convocar a 28ª nos vindeiros meses.
Para finalizar, sinalar que a Xunta de Galicia aprovou a documentación presentada conforme a actual lexislación de 2022 e o último trámite que falta para que CUAC FM obteña a desexada licenza é que dende o governo central fagan o seu traballo e ratifiquen o envío das tres licenzas para medios sen ánimo de lucro que foron solicitadas en Galicia (A Coruña, Ferrol e Corme), xunto coas do resto do Estado Español. A entidade que defende os dereitos deste colectivo, a Rede de Medios Comunitarios, celebrará en abril de 2026 o seu Encontro e Asemblea anual na Coruña para apoiar ese 30 aniversario de CUAC FM.