A Xunta apoia a primeira edición do Torneo de Pádel San Froilán, que se celebrará do 10 ao 19 de outubro

A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do certame, que conta xa cun cento de parellas inscritas.

A Xunta de Galicia apoia a primeira edición do Torneo de pádel San Froilán, organizado polo club Fouce Pádel, que se celebrará entre o 10 e o 19 de outubro nas instalacións de Terra Pádel no polígono do Ceao, en Lugo. O evento foi presentado hoxe na Delegación Territorial polo delegado, Javier Arias, e representantes do club organizador, encabezados pola presidenta, Paula Soengas.

O torneo desenvolverase nas categorías feminina, masculina e mixta, e as persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición online ata este xoves, día 9. A organización destaca a boa acollida que está a rexistrar a proposta, na que se inscribiron xa un cento de parellas.

Ademais das propias competicións, o torneo contará con postos de comida tipo food trucks, sorteos e outras actividades complementarias de animación, dirixidas tanto aos participantes como ao público.

Arias subliñou a aposta da Xunta por fomentar a práctica deportiva e en particular do pádel, “impulsando a construción de pistas en distintos municipios da provincia, que propiciaron o incremento da base de afeccionados, ou colaborando con convocatorias coma esta, que lle dan visibilidade”.



Comparte éste artículo
No hay comentarios