O presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, visitou recentemente Galicia xunto á súa dona, Josefina Inés Lizzano. Convidado polo galeguista Francisco López, «Chesqui», o matrimonio aproveitou a súa estancia para asistir á «62 Festa do Marisco de O Grove».
Co Alcalde no seu despacho no Concello do Grove
Aproveitando a súa presenza no municipio da Ría de Arousa, a delegación foi recibida polo alcalde da vila mariñeira e turística, José Cacabelos. Este encontro simboliza o fortalecemento dos lazos entre Galicia e unha das entidades máis importantes da súa diáspora.
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez, e José María Vila Alén, presidente do Centro Galicia de Bos Aires (custodio da obra), anunciaron onte que as negociacións para a cesión do cadro de Castelao «A derradeira lección do mestre» están moi avanzadas.
Segundo indicaron, a intención é que a emblemática obra se exhiba no Museo de Pontevedra ao longo do vindeiro ano, durante un período de tres meses.
Chesqui con Carlos Brandeiro, director xeral do Instituto Galego-Arxentino Santiago Apóstolo, no Centro Galicia de Bos Aires, no salón onde está o cadro «A derradeira lección do mestre»
Unha entidade clave da emigración galega
O Centro Galicia de Bos Aires é unha das institucións máis representativas da emigración galega na República Arxentina. A entidade foi creada o 25 de xullo de 1979 como resultado da fusión dos centros provinciais galegos: o Coruñés, o Lucense, o Ourensán e o Pontevedrés.
É de destacar que o Centro xestiona, a través da Fundación Galicia-América, o colexio máis importante da Galicia exterior: o O Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires. Este centro imparte unha parte significativa das súas materias en galego a preto de setecentos alumnos de diversas procedencias. Un motivo de fondo orgullo para a comunidade galega.Chesqui no Centro Galego xunto aos Presidentes das Entidades de Bos Aires e a cantautora arxentina-galega Graciela Pereira, no acto celebrado o pasado 6 de Nadal de 2023, en homenaxe ao recoñecemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao como o Primeiro Presidente de Galicia.