Triunfo inaugural. Zas 1 – EF. Juan Cabrejo 3. Por @DulceCorcu

Vencían as visitantes nese primeiro partido ligueiro que se desputaba en San Andrés no mediodía dominical. Sempre resulta complicada a estrea por aquelo de non saber aínda moi ben co que contan as rivais, pero as camariñanas saíron airosas da proba cun triunfo claro. 

E de feito, foron dominadoras de boa parte do encontro, con varias ocasións claras cas que se poideron adiantar bastante antes no marcador, pero non sería até case o treito final da primeira metade cando un gran tanto de Saray de forte disparo poñía o 0-1. Na volta de vestiarios o Zas quixo recurtar distancias e con balóns longos tentaron chegar á área dunha segura Desirée, pero o gol chegaría novamente para as da Escola Cabrejo por medio de Brenda despois de varios rexeites. 

Non conformaban as locais e nunha xogada moi similar Nerea subía un inquedante 1-2 que fixo reaccionar ás azuis, que por medio de Laura Paredes sentenzaba con ese 1-3 definitivo. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios