O encontro, que se celebrará a propósito do Día Mundial da Saúde Mental, está organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia e a USC, e contará coa divulgadora satírica sobre psicoloxía Lorena Gascón (@lapsicologajaputa).
Saúde Mental FEAFES Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) unen forzas para sensibilizar sobre a importancia do coidado da saúde mental entre as persoas mozas na xornada “Saúde Mental e Mocidade: coidar o presente para construír o futuro”.
O encontro será inaugurado polo Conselleiro de Sanidade, D. Antonio Gómez Caamaño, que estará acompañado por Dna. Mª José Sampedro Vizcaya, decana da Facultade de Psicoloxía da USC, Dna. Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía, e D. Xosé Ramón Girón García, presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia. Na ponencia marco participará a divulgadora satírica sobre psicoloxía, Lorena Gascón (@lapsicologajaputa), que conversará coa tamén divulgadora Tamara Pazos (@putamen_t) sobre a responsabilidade e o compromiso da divulgación científica sobre saúde mental.
Pódese consultar o programa completo aquí.
| XORNADA SAÚDE MENTAL E MOCIDADE: COIDAR O PRESENTE PARA CONSTRUÍR O FUTUROData: mércores 08 de outubro de 2025Hora: De 16:00 a 20:00Lugar: Salón de actos da Facultade de Psicoloxía da USC |
Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995 coamisión de representar e defender os dereitos e necesidades das persoas con problemas de saúdemental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a mellora da calidade de vida destas persoas e das súas familias. Actualmente agrupa a 12 asociacións repartidas por toda a comunidade galega con centros e servizos en preto de 30 localidades.