O BNG de Vimianzo denuncia a falta de transparencia do goberno local e reclama solucións aos principais problemas do municipio

O BNG de Vimianzocriticou no pleno do 8 de outubro a falta de transparencia  do goberno local  ao demorar ou ocultar de xeito deliberado  documentación municipal, o que dificulta o labor da oposición.

A formación nacionalista tamén mostrou o seu desacordo co proceso de votación do nome do campo de fútbol “Irmandiño”, que cualificou de “pouco claro”. Ademais,criticou a recente decisión da alcaldesa de non responder ás propostas e preguntas da oposicón no propio pleno, aprazándoas para o remate do pleno seguinte, provocando que a oposición non teña momento de réplica. 

O voceiro municipal do BNG, Benxamín Queiro, afirmou que“estas decisións son malas para a veciñanza, pois non garanten un debate democrático real”.

Entre as principais demandas do BNG destacan a falta de mantemento da  estrada de Cereixo-Quintáns e de  Señoráns-A Viqueira; así como a críticas á suba do prezo no servizo de madrugadores. Así mesmo, pediron explicacións acerca do silencio do goberno municipal ante a solicitude de información sobre a  actividade da canteira de Caxadas  presentada polo grupo nacionalista no mes de agosto.

Comparte éste artículo
No hay comentarios