A portavoz municipal do Partido Popular e deputada autonómica, Paula Mouzo Mas, valora “moi positivamente” o anuncio da Xunta de Galicia que supón a mellora do servizo de bus para o alumnado de Camariñas que acode ao IES Terra de Soneira de Vimianzo.
Paula Mouzo agradece “a receptividade e o interese” da Consellería de Presidencia da Xunta e a “firme vontade” de dar solución “as peticións que lle trasladei en diferentes conversas e que recollían as demandas dunhas familias do concello de Camariñas “.
Neste senso, Mouzo valora o “traballo” da Directora Xeral de Mobilidade, Judit Fontela e da directora territorial da Consellería de Presidencia na provincia da Coruña, Mar Ferreiro “que estiveron sempre atentas a nosa solicitude, que finalmente se traduce nun beneficio para estos alumnos e as súas familias”.
No último pleno da corporación de Camariñas, a portavoz do PP informou o resto dos grupos políticos que había contactos coa Xunta e que se estaba “tentando encontrar unha alternativa” que finalmente derivou neste anuncio.