As mulleres, quero dicir. As mesmas vítmas unha e outra vez dun sistema que nos obriga a un «déjà vu» perpetuo, deixándonos a vida -ás veces algo literal- na pelexa por manter dereitos que criamos ter conquistado. Aí está o cribado das mamografías en Andalucía ou a nova lei do aborto que quere reescribir Madrid, en contra da aprobada no seu dia no Congreso e tamén sen ningún tipo de criterio médico nin científico.
Ter cancro é unha traxedia, pero telo e que non esteas diagnosticada por incompetencia, é moito máis que iso. É case unha burla, coma o sorriso da Conselleira andaluza de Sanidade na comisión de investigación do Parlamento andaluz cando se trataba o tema de máis de dúas mil mulleres desa Comunidade que non foron notificadas do resultado das probas feitas no cribado para a detección precoz do cancro de mama. Agora dimitida, Rocío Hernández non consideraba tan grave que tantas mulleres vivisen baixo a incertidume de non saber se estaban sáns ou non. Sería por aforrarlles o estado de ansiedade, como argumentou Moreno Bonilla, presidende de Andalucía, para xustificarse. Mellor vivir na ignorancia que estar xa recibindo tratamento se por desgraza estás enferma. Son o prezo dos recurtes e das salvaxes privatizacións, de encher o bolsillo de amiguetes ou parellas a costa da saúde da xente e neste caso, de miles de mulleres que quizais non poidan sobrevivir a un «erro» de quen sinxelamente está para facer negocio, como esas clínicas privadas madrileñas a onde se deriva á mulleres que abortan porque á presidenta da Comunidade de Madrid non quere que se faga en centros públicos por moito que sexa o indica a Lei. Asi calma a súa conciencia nacionalcatólica e de paso, aumenta os ingresos da súa parella, anotado ao choio sanitario que tan bos dividendos dá con gobernos coma o de Ayuso. E detrás, as de sempre. As mesmas que perdemos novamente. As que temos que volver saír á rúa para facernos oír e defender as nosas vidas dos depredadores que nola arrincan a golpe de privatización e desleixo.
Fotografía. Espacio Andaluz