Arias súmase ás actividades de ‘Cultura e Tradición’

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sumouse hoxe ás actividades programadas no marco das xornadas ‘Cultura e Tradición’, que o grupo etnográfico Traxandaina desenvolveu ao longo desta semana co apoio da Xunta.

Pola mañá, Arias participou nunha andaina polo Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, coa que Traxandaina quixo recuperar a celebración do Día dedicado a esta ruta xacobea. Xa pola tarde asistiu á clausura das xornadas na Oficina de Turismo da Xunta no barrio da Tinería. O encontro concluíu coa actuación de Luis Prego e o grupo Fiando Cantigas, e cun novo concerto de Canto de Cego no patio da Oficina de Turismo da Xunta na Tinería.

Comparte éste artículo
No hay comentarios