Nesta primeira xuntanza, ademais dos deputados Antonio Ameijide, Luis Fernández e José Pardo, tamén estiveron presentes representantes de Carballedo, Antas de Ulla, Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Taboada.
Os deputados do Grupo Provincial Popular iniciaron unha serie de xuntanzas con alcaldes e voceiros do PP de todos os concellos da provincia, sendo a primeira xuntanza con representantes dos concellos da zona sur da provincia. “É o mellor camiño para coñecer as necesidades dos lucenses, ter ocasión de falar coas persoas que están con eles no día a día e saben todas as dificultades que teñen que afrontar”.
Nesta primeira xuntanza, ademais dos deputados Antonio Ameijide, Luis Fernández e José Pardo, tamén estiveron presentes representantes de Carballedo, Antas de Ulla, Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Taboada.
Durante esta primeira xuntanza quedou patente a necesidade de que a Deputaciónde Lugo “colabora de forma igualitaria” con todos os municipios da provincia xa que “a deriva tomada polo goberno de Tomé de colaborar vía convenio cos concellos da súa cor política o que está a facer é aumentar as desigualdades entre os diferentes municipios e entre os veciños da provincia en función do seu lugar de residencia”.
Dende o Grupo Provincial Popular destacan que nesta primeira xuntanza todos os representantes dos concellos coincidiron en sinalar que “de non mudar o reparto dos fondos e volverse máis igualitario, os municipios que quedan fóra dos convenios afrontan numerosas dificultades que os restantes concellos non teñen xa que Tomé decide sufragar calquera tipo de gasto nos municipios afíns”.
Unha situación ante a que hai unha realidade clara: “o goberno provincial de PSOE e BNG non colaborou con ningún concello gobernado polo Partido Popular na provincia”.
Desta forma, no documento que se elaborará con todas as propostas recollidas nas diferentes xuntanzas pedirase á Deputación que colabore de forma igualitaria con todos os concellos da provincia “dada a súa obriga de prestar colaboración con todos os municipios”.
SITUACIÓN DAS ESTRADAS PROVINCIAIS
Outra das reclamacións realizadas polos representantes do PP nos concellos da zona sur foi o estado de mantemento da rede viaria provincial. “O mantemento é mínimo ou nulo na maioría dos concellos” o que dá lugar a que as vías de titularidade da Deputación sexan “perigosas” a pesar de que son estradas que teñen que vertebrar a comunicación entre os municipios.
Dende o Grupo Provincial Popular recordan que a rede viaria provincial “é a máis extensa de España e é unha realidade grazas a gobernos do PP á fronte da Deputación que a crearon con moitos menos medios dos que dispoñen PSOE e BNG para o seu mantemento” e que “os dous plans anunciados por José Tomé non foron máis que parches que nada solucionaron xa que os problemas seguen latentes, enquistándose cada día máis”.
Unha reivindicación que, ao igual que sucedeu nos anos anteriores, tamén se incluirá no documento que se elaborará xa que “o mantemento da rede viaria é fundamental porque garantir a seguridade de todos os usuarios destas vías é prioritario”.