O luns 13 de outubro, ás 17:00 horas, terá lugar na Capela do Balneario, a inauguración da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos de Arteixo. Nesta edición, preto de 70 participantes formarán parte desta iniciativa educativa.
A Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha neste 2025 a 4ª edición deste Programa de Formación Universitaria Específico para Adultos Maiores, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Arteixo. O programa desenvolverase entre os meses de outubro e novembro na Capela do Balneario de Arteixo. Nesta edición, participarán 68 persoas.
O acto de inauguración contará coa presenza da directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e da concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos Álvarez.
O programa consta de tres módulos temáticos, con sesións teóricas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, dúas veces por semana. Os módulos abordarán diversas áreas de coñecemento:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
- 13 de outubro: “A Dirección Artística no Cine”, Profa. Victoria de León Sanjuán
- 14 de outubro: “A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics”, Prof. Manuel Gómez Suárez
- 23 de outubro: “Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profa. Elena Martín Cancela
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
- 27 de outubro: “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestion”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
- 28 de outubro: “ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Mª González Fortes
- 3 de novembro: “Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
- 10 de novembro: “O cambio climático: causas e consecuencias”. Prof. Salvador Fojón Polanco
- 11 de novembro: “Enfermidades cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
- 17 de novembro: “Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos Freire Rodríguez
Clausura e xornada cultural na Coruña
O Programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 19 de novembro de 2025.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Arteixo e maila súa comarca, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo en diferentes localidades e comarcas deste o ano 2018.