Os expertos xa están visitando os municipios para valorar o traballo realizado polos gobernos locais para continuar mellorando a xestión dos seus espazos verdes.
O movemento Vilas en Flor 2025 volve facer visible a súa actividade coas visitas de avaliación aos 41 municipios galegos que este ano aspiran a recibir as Flores de Honra (ata un máximo de cinco). Este é o galardón co que o programa recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna seguindo a estela doutros similares xa en funcionamiento en Aragón, Canarias, Cataluña e Valencia ou países como Francia (baixo o nome Villes et Villages Fleuris), Italia (Comuni Fioriti), Reino Unido (Britain in Bloom), Irlanda (Tidy Towns) ou Canadá (Communities in Bloom).
Por provincias, na Coruña hai 13 concellos adscritos; 20 en Pontevedra; 2 en Lugo e 6 en Ourense co denominador común de que todos eles teñen menos de 40.000 habitantes:
• Provincia da Coruña (13): Abegondo, Arteixo, Carballo, Culleredo, Curtis, A Laracha, Oza-Cesuras, Ponteceso, As Pontes, Sada, San Sadurniño, As Somozas e Vimianzo.
• Provincia de Pontevedra (20): As Neves, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, Mondariz, Mondariz Balneario, Mos, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Covelo, Tomiño, Sanxenxo, Tui e Villagarcía.
• Provincia de Lugo (2): Chantada e Sarria.
• Provincia de Ourense (6): Allariz, O Carballiño, Leiro, Manzaneda, A Pobra de Trives, e San Xoan de Río.
O movemento Vilas en Flor está promovido en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor (Asociación de Viveristas del Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería). Nesta edición, volve contar co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio, así como de empresas do sector ambiental como son Husqvarna, Makita e Rain Bird.
A entrega dos galardóns Vilas en Flor 2025 terá lugar o venres, 14 de novembro (11:00h) en Carballo (A Coruña), que o ano pasado conseguiu catro Flores de Honra.
O equipo de expertos percorre Galicia
O equipo de expertos voluntarios xa está a recorrer Galicia para valorar o traballo realizado durante o ano pasado polos gobernos municipais para continuar mellorando a xestión dos seus espazos verdes tendo en conta os aspectos contemplados nas bases. Estos son, entre outros, o coidado do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade; o uso social e as sinerxías coa actividade turística.
| CALENDARIO VISITAS EXPERTOS VILAS EN FLOR 2025 | |||
| Día | Visita 1 | Visita 2 | Visita 3 |
| 03-oct | Vimianzo – 10:00h | Carballo – 13:00h | |
| 06-oct | As Pontes – 9:30h | ||
| 08-oct | Vilagarcía – 16:00h | ||
| 09-oct | A Estrada – 10:00h | Cuntis – 12:00h | Caldas – 16:00h |
| 10//10 | Covelo – 10:00h | Mondariz – 12:30h | Mondariz Balneario – 16:00h |
| Salceda de Caselas – 10:00h | Salvaterra De Miño – 12:00h | Tui – 16:00h | |
| 13-oct | Ponteceso – 10:00h | A Laracha – 12:00h | Arteixo – 16:00h |
| 16-oct | A Pobra de Trives – 10:30h | San Xoan de Río – 12:30h | Manzaneda 16:00h |
| Mos – 10:30h | As Neves – 12:30h | Ponteareas – 16:00h | |
| 17-oct | Sarria – 10:30h | Chantada -13:30h | |
| A Guarda – 10:30h | O Rosal – 12:30h | Tomiño – 16:00h | |
| 20-oct | Lalín – 10:00h | O Carballiño – 12:30h | Leiro – 16:00h |
| 22-oct | As Somozas – 10:00h | San Sadurniño – 12:30h | |
| 24-oct | Curtis – 10:30h | Abegondo – 12:30h | Culleredo – 16:00h |
| 29-oct | Allariz -10:30h | ||
| Sada – 10:00h | Oza – Cesuras – 12:30h | ||
| 31-oct | Cambados – 10:30h | Sanxenxo – 12:30h | Marín – 16:00h |
EXPERTOS INTEGRANTES DO XURADO
• María Isabel Iglesias Díaz. Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
• Carlos Cárcamo Álvarez. Enxeñeiro técnico agrícola municipal do Concello de Ourense.
• María Natividad Gilsanz Mosquera. Bióloga. Técnica de Medio Ambiente, Concello de Ferrol.
• Camino Nicolás Velado. Enxeñeira de Montes e Enxeñeira Técnica Agrícola. Directora do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (AGACAL).
• Silvia V. Caffaro. Doutora Enxeñeira Agrónoma. Empresa: Viveros Florgalicia S.L.
• Xurxo Xoán González Conde. Administrador de Viveiros Adoa. Xubilado.
• Francisco J. González Abuín. Enxeñeiro técnico. agrícola. Experto en xestión de espazos verdes.
• Manuel Torres Lavandeira. Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Profesor titular na Escola Politécnica
Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
• Manuel Rodilla del Barrio. Arquitecto técnico. Xubilado.
• José Antonio Rivas Paz. Enxeñeiro agrónomo. Xerente da Fundación de Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia.
• Amancio Lavandeira. Enxeñeiro técnico agrícola. Profesor no ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural en Fonteboa.
• Ana García Giraut. Enxeñeira técnica agrícola. Experta en xestión de espazos verdes.
• Gaspar Bernárdez Villegas. Doutor en Investigación Agraria e Forestal. Arborista na Estación Fitopatolóxica Areeiro, Deputación de Pontevedra.
• Manuel Fontán Espiño. Propietario do centro de xardinaría Xesteiriña en Sanxenxo e da empresa Xenebro Xardín no Grove ata a súa xubilación.
• Francisco Rodríguez Trinidad. Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Xerente de Técnica Arbórea Galega – Artec. Especialista en arboricultura.
• Jorge Prieto Sevilla. Enxeñeiro Agrónomo. Experto en xestión de espazos verdes.