9Louro lanza o seu novo sinxelo “ Estaremos Mortos ”

Segundo sinxelo do novo disco do artista muradá que será publicado o vindeiro ano 2026.

9Louro vén de publicar o seu segundo sinxelo acompañado de un videoclip do que será o seu segundo LP “Amorrer” e que verá a luz o vindeiro ano 2026. O artista muradán conta nesta ocasión coa colaboración de Xanma Louro, irmán do artista e guitarrista de The Rapants.

Unha colaboración espontánea que xurde cando Martín comparte co seu irmán maior a voz e letra de Estaremos Mortos e este non puido resistirse a coller a guitarra e cantar co “15 a espalda e o 9 no peito”.

Martín, inmerso no seu proxecto artístico como 9Louro, comparte neste tema de adianto do que será o seu segundo disco, o milagre soñado da música dentro nunha caixa chea de sensacións. Conscientes de que os irmáns non inventaron nada, ambos comparten a ilusión e ambición de perseguir o soño da música.

Unha viaxe cara escenarios cheos de desafíos cos “pés no suelo” acompañados polos do rueiro e voltando a casa xuntos ao remate, como cando eran nenos. Un tema que xorde dende a honestidade, o cariño e o talento dos irmáns.

Un filme de Antón Vidal coa produción musical, gravación e mestura de Yuly , habitual produtor do artista. Gravado en Louro en outubro de 2025 en localizacións tan espectaculares como a Praia de Area Maior.

Antes da presentación do novo disco e do novo show previstos para o primeiro trimestre de 2026, o artista continuará coa xira do seu anterior traballo “Nove Noves”. Despois de pasar por festivais como Lingua Urbana Fest ( Santiago de Compostela ), Osa do Mar ( Burela ), Nachiños Fest ( Ferrol ) ou Xara Fest ( Ribadeo ), quedarán pendentes as seguintes datas anunciadas:

Premios Fouciño ( Baio ) – 25 de outubro
Festival Breasón ( Mondoñedo ) – 8 novembro
Benvida USC ( Igrexa USC – Santiago e Compostela ) – 20 novembro

Unha xira con máis de 20 concertos que marcan sen dúbida un inicio prometedor para 9Louro que irrumpe na música galega como a revelación urbana máis emerxente.

Comparte éste artículo
No hay comentarios