Ana Miranda pregunta á Comisión Europea como vai paliar os efectos negativos en Galicia da redución dos fondos pesqueiros

A eurodeputada do BNG critica que o PP impulse un recorte do 67% do orzamento destinado ao Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de presentar unha pregunta dirixida á Comisión Europea sobre os fortes recortes impulsados polo PP no Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA), que pasa de 6.108 millóns de euros para o período 2021-2027 a 2.000 millóns no período 2028-2034. “Queremos saber como vai paliar a Comisión as consecuencias desta drástica redución para unha nación pesqueira como Galiza”, explica a eurodeputada galega.

Na súa pregunta, Ana Miranda alerta de que se con algo máis de 6.000 millóns de orzamento se desmantelaron 2.200 barcos nos últimos 20 anos, cun orzamento de 2.000 millóns para o vindeiro período as consecuencias poden ser catastróficas. “A Comisión aínda non explicou se tes estudadas as consecuencias de reducir o orzamento do FEMPA nun 67%”, sinala a eurodeputada do BNG, quen lembra que no 2005 estaban rexistradas 6.400 embarcacións, mestres que neste 2005 son 4.200.

“No BNG temos moi claro que as decisións da Unión Europea son catastróficas para Galiza desde hai anos, con máis cotas, máis despezamentos de barcos e menos emprego”, denuncia a eurodeputada galega, quen salienta que pese a esta política pesqueira nociva para Galiza, o sector pesqueiro representa arredor do 6% do PIB na economía galega.

Deslealdade do PP

“A falta de lealdade con Galiza do Partido Popular é un escándalo. Non lles importa o máis mínimo poñer en marcha propostas lesivas para o noso país e dicir en Bruxelas unha cousa e en Galiza outra”, denuncia a eurodeputada galegaa respecto dos recortes que impulsa o PP no fondo pesqueiro, que poden resultar moi prexudiciais para Galiza. Ademais, Miranda acusa aos populares de manter un dobre discurso, un en Bruxelas de impulsar a recentralización e o recortes dos fondos e outro en Galiza criticando esa centralización e eses recortes.

Comparte éste artículo
No hay comentarios