Xa dispoñible en Xabarín.gal e na app oficial de Xabarín.
GALIWORLD, a nova serie de animación galegadirixida ao público infantil xa está dispoñible de forma aberta e gratuíta a través da plataforma Xabarín.gal. Un proxecto que combina humor, valores educativose accesibilidade,
Dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos, a serie transcorre nun universo cheo de cor onde todasas personaxes son galiñas e pitos que vivenpequenas aventuras na cidade máis divertida da televisión galega.
GALIWORLD é unha creación da realizadora galega Anita Pico, con música orixinal de Luis Álvarez Cabado, producida polo estudio coruñés HenfunkStudio.

Composta por 8 episodios de aproximadamente 5 minutos, cada capítulo remata cunha cancióneducativa que reforza a mensaxe didáctica a travésda música e o humor.
A súa gran singularidade é que non ten diálogos, o que a converte nun contido plenamente accesible, tamén para crianzas con discapacidade auditiva ounecesidades educativas especiais. O humor visual e a acción funcionan como ferramentas para transmitirvalores como a amizade, a convivencia e o respectopola diversidade.
GALIWORLD preséntase ademais como un recursoeducativo útil en educación infantil e primaria, promovendo a creatividade e o uso do galego encontextos lúdicos e pedagóxicos.
Unha serie pensada para emocionar, educar e divertir, feita con talento galego e desde Galicia.