A Agrupación Socialista de Pontevedra homenaxea a catro militantes por máis de 45 anos de compromiso co PSOE no seu 129º aniversario

A Agrupación Socialista de Pontevedra conmemorou o seu 129º aniversario cunha emotiva cea na que o Partido quixo render homenaxe a aqueles militantes que superan os 45 anos de afiliación ininterrompida ao PSOE.

O acto central da celebración consistiu na entrega de distincións a Margariña Valderrama, Julia Paredes, Roxelio Pérez Poza e José Vázquez, recoñecendo así a súa longa e inestimable dedicación á causa socialista. O compañeiro Baltasar García, quen tamén cumpría este fito, non puido asistir ao evento, pero recibirá igualmente o agasallo conmemorativo.

Os afiliados foron obsequiados cunha estatuíña de vidro con forma de rosa socialista, elaborada polo artista local Mito Meijón e titulada significativamente «A forza da unión». Esta peza simboliza a fortaleza e a unidade dos membros da Agrupación.

Os socialistas de Pontevedra queren destacar o compromiso e a perseveranza destes militantes, cuxo traballo e exemplo resultan esenciais para comprender a historia e o futuro da Agrupación.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios