O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo esta mañá unha reunión co director da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova, Nicolás Ravelli, e co seu presidente, Jorge Coira, na que lle presentaron a programación de concertos e actividades da formación desta tempada e avaliaron posibles fórmulas de colaboración.
Entre outras cuestións, abordaron a posibilidade de facilitar espazos dependentes da Administración autonómica para acoller as actuacións dalgunhas das formacións coas que conta a orquestra, como a Ensemble de Metais ou a da Música Antiga.
Arias felicitou á agrupación, que conta con máis dun cento de integrantes, polo traballo de promoción e difusión da música clásica que desenvolven dende Lugo.