Esquerda Unida de Lugo prosegue o seu diálogo co tecido asociativo e organízase cunha xuntanza con CCOO.

Esquerda Unida mantivo este luns unha xuntanza con membros da Unión Comarcal de Lugo de Comisións Obreiras, entre eles o seu Secretario Xeral, Manuel Quiñoá.

Este encontro tivo lugar no marco de xuntanzas que a nova dirección comarcal de Esquerda Unida está a manter co tecido asociativo e organizativo da cidade. Nesta xuntanza participaron a Coordinadora, Isabel Sánchez, o secretario de Organización Xoán Trigo, Fernando Yáñez, Diego López a responsable de Institucional, Chus Rodríguez.

Desde CCOO espuxeron a preocupante situación na que se atopa o Concello de Lugo, especialmente no eido de persoal, en practicamente todas as concellarías.

Neste sentido, o sindicato explicou as demandas que están a atender en relación coa situación dos Servizos Sociais municipais, a escola infantil, as dificultades na xestión de todo o persoal e a falta de escoita aos propios funcionarios. Moitas das situacións tratadas, van nunha liña coincidente coas reiteradas denuncias que xa leva tempo poñendo de manifesto Esquerda Unida, especialmente no tocante á subcontratación de servizos públicos cando, en moitos casos hai persoal municipal propio para levalos a cabo, nesta deriva privatizadora deste goberno municipal bicéfalo de PSOE e BNG.

Esquerda Unida, unha vez, máis reclama un proceso de escoita e participación cidadá real á hora de deseñar políticas públicas e maior transparencia na adxudicación dos contratos e a remunicipalización de servizos públicos por parte do Concello de Lugo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios