O equipo lucense, un dos clásicos da categoría, volve aspirar ao ascensToca recompoñer o ánimo tras a dura derrota do sábado pasado en Salamanca contra Perfumerías Avenida por 114-69. Con esa premisa, o Ineltrón Santo Domingo Betanzos regresa á cancha este domingo ás 17h, na cuarta xornada da Tercera FEB (antiga liga EBA), no intento de
recuperar a boa liña das primeiras xornadas da competición. O rival, o UCOGA Seguros Chantada, non o vai poñer doado. O equipo, dirixido un ano máis polo incombustible Alberto Fafián, volve pór en competición unha plantilla con aspiracións a “todo”, na que a continuidade de referentes de últimas temporadas coma Christian Iglesias, e en menor medida, de Anxo Casais Romero ou Pablo Díaz Valín, complétase cunha boa nómina de fichaxes: o sueco
Czerapowic, o lituano Rumsha, o portugués Éder Pina, o senegalés nacionalizado Seikhou Konte…
Pese a un irregular inicio de temporada, no que as lesións obrigaron a rescatar a vellos coñecidos coma o veterano Alberto Gómez, os de Chantada suman dúas vitorias e unha derrota (as mesmas ca os betanceiros) pero nunha liña certamente ascendente.
Así valora o encontro José Pena “Soviético”, adestrador do conxunto local: “Partido moi difícil contra un equipo moi experimentado na categoría. Esta temporada tivo nove incorporacións novas de xogadores de moito talento. O noso equipo está adestrando moi ben esta semana despois do golpe de Salamanca e esperamos ser capaces de parar o seu xogo interior e que non poidan xogar con comodidade en estático. Contamos coa baixa na pintura de Marcos Rozas, que aínda non puido disputar ningún partido de liga”. O partido, que contará coa animación de baile de Danzarte, e no que se iniciará a campaña de abonos, poderá seguirse tamén a través de tiivii.gal. A cita, domingo 17h, no pavillón municipal José María Valeiro Iglesias “Tocayo”.
Arranque dos equipos minibasquet
Polo demais, a xornada do Santo Domingo Betanzos ten uns protagonistas de excepción. Á
espera do arranque da competición premini, os dous equipos minibasquet do club comezan á
fin as súas ligas no Agra II da Coruña: o Piccola Alameda, os alevíns de segundo ano, mídense
ao Basquet Coruña 2014, mentres que o Santo Domingo 2015 fará o propio contra Franciscanos
Coruña. Outros partidos destacados do club son os dos cadetes de J.Caamaño Arquitecto, que
xogan en Mera contra Montrove o liderado do seu grupo, o das infantís de Warnier Informática,
que reciben ao Basquet Coruña U13 ou o dobre enfrontamento contra Escravas do Decornaveira
cadete feminino e das júnior de Infor-B. Os júnior masculino xogan contra Compañía de María
na sede colexial, o Grelo cadete contra Los Rosales en Cocheras e os infantís de Cyrdega contra
o equipo local en Arteixo. No que toca aos equipos sénior: desprazamento a Teo para o sénior
feminino, e citas na casa para La Goleta (medirase a ao Calasanza) e o outro equipo de Terceira
autonómica (xoga contra Arteixo)
Difícil compromiso do Ineltrón Santo Domingo contra UCOGA Chantada
No hay comentarios
No hay comentarios