O Concello de Antas de Ulla salda a débeda de 170.000 euros polas obras no campo de fútbol e asume 50.000 euros en custes xudiciais

O Concello de Antas de Ulla vén de completar o pago da débeda de 170.000 euros contraída coa empresa Galitec por mor das obras do campo de fútbol realizadas no ano 2019.

A xestión deficiente desta situación por parte do anterior goberno municipal rematou en procesos xudiciais, o que provocou un incremento dos custes de preto de 50.000 euros en concepto de intereses de demora. Esta contía supón un prexuízo económico para o municipio, xa que podería terse destinado a melloras directas en servizos e infraestruturas para os veciños e veciñas de Antas de Ulla.

O actual goberno local priorizou o saneamento das contas municipais e abordou a situación co obxectivo de restaurar a estabilidade económica do Concello. A débeda foi liquidada na súa totalidade, co apoio da Deputación de Lugo, e sen incrementar a carga fiscal sobre a cidadanía.

Deste xeito, o Concello de Antas de Ulla dá un paso fundamental na recuperación da súa estabilidade financeira. O equipo de goberno reafirma o seu compromiso de continuar traballando con responsabilidade e transparencia na xestión económica do municipio para garantir o futuro e a solvencia de Antas de Ulla.

PUBLICIDADE

Comparte éste artículo
No hay comentarios