Máis de 300 militantes e simpatizantes do Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) reuníronse este sábado nas casetas do San Froilán para celebrar a tradicional pulpada de confraternidade. O encontro serviu para celebrar o «gran momento» que vive o partido e facer piña de cara aos próximos retos electorais.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu a multitudinaria cita, que contou coa presenza destacada do Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.
Unidade e forza no proxecto
Durante o evento, Tomé Roca subliñou que a alta asistencia reflicte a «boa saúde, a unidade e o impulso» do proxecto socialista na provincia. «Somos a primeira forza institucional de Lugo e imos seguir traballando para ser tamén a primeira forza electoral», afirmou o líder provincial.
A comitiva de cargos institucionais e orgánicos foi notable, coa presenza da Vicesecretaria Xeral e Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, o Senador César Mogo, o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, ademais de numerosos deputados, deputadas provinciais e autonómicos, alcaldes e alcaldesas, e voceiros municipais de toda a provincia de Lugo, confirmando a mobilización do partido en todo o territorio.
A xornada festiva e de traballo político nas casetas do San Froilán afianza a cita como un evento crave no calendario socialista de Lugo.