A selección española masculina da categoría sub’17 acordou xogar dous partidos no concello de Sanxenxo nos días 13 e 16 do próximo mes de novembro. O rival será Chequia, como a se coñece logo da oficialización dos encontros por parte da federación centroeuropea.
Baltar e San Pedro sedes dos partidos
A selección española marcou como datas para esta concentración con amigables entre o día 10 e o 16 de novembro. Neses días realizará varias sesións de treinos nos campos do concello de Sanxenxo,que terán como datas importantes as do 13 e o 16 de novembro.
Tal como sinala a federación checa, o día 13, a partir das cinco da tarde, España e Chequia terán o seu primeiro compromiso amigable no campo de Baltar, en Portonovo.
Días despois, o 16, volveran a enfrontarse ámbalas seleccións pero no campo de San Pedro, en Vilalonga, este derradeiro partido do estaxio comezará ás 11 da mañá.