Arias felicita á asociación motorista lucense polo recoñecemento da Federación Internacional á Ruta Castrexa

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe una reunión con representantes da Asociación Motorista Lucense, que preside José Aurelio Novoa, aos que felicitou pola proxección que lograron coa Ruta Castrexa de Mototurismo que se celebrou o pasado mes de maio co apoio da Xunta de Galicia.

A entidade vén de recibir a confirmación de que esta ruta foi incluída no calendario provisional da Federación Internacional de Motociclismo (FIM) para a tempada 2026, na categoría «International Touring Events». A decisión acredita que a cita cumpre os estándares de calidade, seguridade e organización esixidos pola FIM.

A Ruta Castrexa cumpriu este ano a súa quinta edición. Non ten carácter competitivo e contou cun percorrido de arredor de 350 quilómetros por varias comarcas da provincia,  con saída e chegada a Rábade. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios